
“LADRONES DE FUEGO” (“Ladróns de lume”)
“LADRONES DE FUEGO” (“Ladróns de lume”)
O lume fíxonos humanos. Durante milleiros de anos, as persoas do campo usárono para moldear a paisaxe, coidar os montes e protexer os seus pobos.
Hoxe en día, as trabas burocráticas e o abandono institucional arrebatáronlles esa ferramenta ancestral. Sen lume controlado, sen mans que xestionen o territorio, o monte arde como nunca antes: incendios dunha magnitude sen precedentes que arrasan ecosistemas, fogares e vidas.
Prometeo roubou o lume aos deuses para entregarllo á humanidade; hoxe son outros quen llo roubaron ao mundo rural.
“Ladrones de fuego” é unha película documental producida por Metáfora Visual e dirixida por Francisco J. Vaquero que dá voz a quen sofre as consecuencias desta nefasta xestión do lume e a quen reclama recuperalo: non como ameaza, senón como o que sempre foi, unha ferramenta de vida.
Metáfora Visual é unha produtora audiovisual estremeña especializada en documentais que poñen o foco na natureza, o territorio e as persoas que o habitan. Dende o guión ata a posproducción, contamos historias reais con mirada propia.
“Ladrones de fuego” será presentada no Val de Miñor nun acto organizado polo IEM (Instituto de Estudos Miñoráns) coa colaboración do concello de Nigrán o vindeiro día 1 de agosto, sábado, ás 21:00h nos multicines municipais do Centro Comercial Ramallosa, na rúa Damas Apostólicas, 17, na Ramallosa, en Nigrán,
O acceso será libre e gratuíto ata completar o aforo.
Haberá “taquilla inversa”.
Contaremos coa presenza de Francisco J. Vaquero, director da película, acompañado por Bruno Centelles, do IEM.
https://metaforavisual.com/




