Modelo alegación Parque Eólico de Toroña (Baiona, Oia, Tomiño e O Rosal )
A GROBA CHAMA POR NÓS!
Imprime nun folio, a dúas caras, as dúas páxinas do documento de alegacións.
Podes empregar directamente a versión *pdf, xa lista para imprimir, e na que unicamente deberás completar os teus datos persoais, a túa sinatura e máis a data.
Se queres facer algunha modificación ao texto de alegacións podes descargar a versión *docx (para Word)
Podes presentar directamente os teus escritos de alegacións en calquera Rexistro Oficial (concello, Xunta…) ou facérnolos chegar ao local do IEM, na Avda- da Feira, 10, baixo, en Gondomar.
(*) Importante: O PRAZO PARA PRESENTAR ALEGACIÓNS REMATA O VINDEIRO 23 DE XANEIRO.
Colabora presentando alegacións á RESOLUCIÓN do 01/12/2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, publicada no DOG do 12/12/2022 pola que se someten a información pública as solicitudes autorización administrativa previa e de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto de interese autonómico do PARQUE EÓLICO TOROÑA, expediente IN408A 2020/149, situado nos concellos de Baiona, Oia, Tomiño e O Rosal (Pontevedra).
Etiqueta:Alegación, Parque eólico Torroña