Por unha SERRA DA GROBA LIBRE DE EÓLICOS! Desistencia da solicitude do Parque eólico ROSAL
POR UNHA SERRA DA GROBA LIBRE DE EÓLICOS!
DESISTENCIA DA SOLICITUDE DO PARQUE EÓLICO ROSAL
sito no concello de O Rosal (Pontevedra) promovido por Green Capital Development VIII SL (expediente IN408A/2020/046).
DESISTIR: Non seguir adiante con algo ao non ter oportunidade ou ao ver que non hai posibilidade de éxito. (Dicionario RAG)
A primeira noticia formal do PE ROSAL fóra da súa publicación no Rexistro Eólico de Galicia remóntase ao pasado 27/11/2020, data na que foi publicado o seu Documento de Inicio na web da Consellería de Medio Ambiente. Contra esta iniciativa presentamos, en tempo en forma, os correspondentes escritos de suxestións.
Agora, mediante Resolución da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais asinada o pasado venres, 21 de xaneiro, por Pablo Fernández Vila, o seu Director Xeral, declárase a DESISTENCIA DA SOLICITUDE DO PARQUE EÓLICO ROSAL.
– O 16/12/2020 coñecemos o Documento de Inicio do PE TORROÑA I. Non houbo máis “noticias DOG” sobre este proxecto. Nunca foi publicado o proxecto para exposición pública e, consecuentemente, NUNCA OBTIVO a súa DIA. É un Proxecto abortado.
– Na primavera de 2001 tivemos noticia do desistimento do PE TORROÑA III confirmado coa publicación das modificacións do Mapa REG de 30/09/2021. Proxecto abortado.
– O pasado 22/09/2022 publicouse no DOG o anuncio da DIA DESFAVORABLE do PE ALBARIÑO I. Proxecto abortado.
– O pasado 04/11/2022 publicouse no DOG o anuncio da DIA DESFAVORABLE do PE MERENDÓN. Proxecto abortado.
– O pasado martes 24 rematou o prazo de exposición pública do PE TOROÑA sen que acadase a súa correspondente DIA. Por razóns obvias cómpre agardar, tamén neste caso, unha DIA NEGATIVA polo que sería considerado tamén un Proxecto abortado.
A data de hoxe, coas necesarias cautelas e a lóxica desconfianza na Xunta de Galicia, podemos empezar a pensar que a SERRA DA GROBA é unha ZONA LIBRE DE EÓLICOS!
Alegría contida, satisfacción relativa considerando a brutal DESFEITA EÓLICA que ameaza a todo o noso país.
HAI QUE PARALOS!
HAI QUE BOTALOS!