
XEIRA ALEN MIÑOR IEM XXXVI. Terras de Valdeorras e O Bolo. 10 e 11 de maio.
XEIRA ALEN MIÑOR IEM XXXVI
Terras de Valdeorras e O Bolo. 10 e 11 de maio.
Benqueridas e benqueridos. A segunda proposta do ano lévaríanos a Valdeorras e O Bolo os días 10 e 11 de maio.
Como noutras ocasións, gozaremos da paisaxe, o territorio e a cultura do país.
Canón do Bibei, río Xares, santuario barroco, castelo e ponte medieval, vestixios romanos, àrbores senlleiras, camiños e adegas tradicionais con degustación de viñaso.
Dormiremos na contorna de O Barco.
Guiada polo historiador e membro do IEM Jesús Rodríguez Diéguez.
- Para anotarse á xeira contactar por WhatsApp ó 627 276816
- Prezos socios/as: 148 euros
- Prezos non socios/as: 158 euros
- Habitación individual: + 20 euros
- O prezo inclúe: Guías, visitas, seguro, autobús, dúas comidas, hotel e lixeiro almorzo o domingo.
- Aberto o prazo de inscrición. Non se reserva praza ate que estea aboada a xeira.
- Grupo mínimo de 40 persoas
- Non se devolverá o importe das cancelacións nas 48 horas anteriores á xeira.
- Nº DE CONTA IEM: ES95 2080 5035 0730 4001 4164