Os mariñeiros vellos dicían As Berlingas. Están sete millas fronte ó cárcere salazarista de Peniche que Rosa Aneiros empregou na súa novela Resistencia. É unha illa, A Berlenga Grande, habitable e habitada, e uns illotes ó pé dela e nun …
O xoves 8 de agosto terá lugar unha nova xeira dentro do programa das Xeiras de verán 2019 coa colaboración do concello de Baiona titulada Paisaxes imaxinadas dende o Monte Real de Baiona. Conferencia e visita que será guiada por Anxo Rodríguez Lemos. O percorrido …
Aninovo do 49 á mañá é lembrado en Panxón porque nas pedras da Praia do Crasto ou da Madorra apareceu o terceiro cadáver procedente do iate que naufragara en Anovello no carreiro do Medio de Silleiro. Neste primeiro día do …
Tecer a historia dos pobos é un labor acumulativo dependente da cantidade e calidade dos recursos investigadores dedicados a tal mester. Saber que fomos e como e porqué estamos aquí vivindo implantados nun territorio no que devagar modelamos unha paisaxe …
Os que leron A Praia dos Afogados de Domingo Villar saben que foi aquí onde botaron ó mar a Xusto Castelo, O Rubio. Os que leron esta obra de ficción saben tamén que o topónimo do sitio aparece como Punta …
Panxón aséntase sobre un enorme dique xistoso orientado N/S que vén desde Portugal (Covas, Vilar de Mouros, …) e continúa cara a Sanxenxo. Entre os xeólogos é coñecido como a formación metasedimentaria O Rosal-Monteferro. Asociado a el hai numerosas explotacións …
É o nome que recibía a enorme acumulación de area que até os 60 ocupaba a superficie entre a vía do tranvía e o areal de Panxón. Modernamente esta realidade orográfica coñecémola como dunas que é palabra do holandés, errantes …
Foi o 17 de xullo a bordo do Pirata de Sías, da compañía Nabia, saímos de visita talasonímica desde Baiona, o porto dos micos. Este, micos, é o xentilicio lúdico aplicado ós baioneses. Do mesmo xeito que unha persoa recibe …
O xoves 1 de agosto terá lugar unha nova xeira dentro do programa das Xeiras de verán 2019 coa colaboración do concello de Tomiño titulada O monte Tetón. Avances na investigación. Conferencia e visita. Será guiada por Xosé Lois Vilar Pedreira O percorrido …