I Simposio “Serra do Groba e Argallo – Patrimonio natural, etnográfico e cultural”
O vindeiro sábado 8 de xullo, a plataforma Turonio, organiza o I Simposio “Serra do Groba e Argallo – Patrimonio natural, etnográfico e cultural”.
Durante esta xornada diferentes relatores dende o eido académico, da investigación e o activismo medioambiental e cultural, exporán, en diversos relatorios, os principais valores naturais e culturais que agochan os nosos montes. Ó remate dos relatorios realizarase unha mesa redonda onde se abordarán diferentes cuestións:
“Un patrimonio natural a conservar; matogueiras e turbeiras da Serra da Groba”
César A. Blanco Arias – Técnico de investigación do proxecto RURAL XA!
(USC)
“Os cabalos salvaxes da Serra da Groba: Un patrimonio natural, etnográfico e cultural”
Laura Lagos Abarzuza – Investigadora asociada do proxecto RURAL XA!
Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía, (UDC)
“Biodiversidade ameazada da Serra da Groba”
Manuel A. Pombal Diego – Profesor da Universidade de Vigo e membro de ANABAM
“Serra da Groba. Arqueoloxía, etnografía e patrimonio vivo”
Xosé Lois Vilar e Xilberte Manso – Membros do Instituto de Estudos Miñoráns e SOS Groba.
“A Serra da Groba como clave para a sostibilidade do territorio. Unha proposta para un espazo protexido”
Juan Hermida – Director do Instituto de Estudos Miñoráns
Este evento é o primeiro paso dun proceso que marca como obxectivo a declaración da Serra da Groba e Argallo como Espazo Natural Protexido.
A xornada comezará as 18:00h, na casa forestal de Oia, (41.999232, -8.855919), entrada de balde.