O portiño de Panxón está ó acobillo dunha punta de xisto que foi lugar habitado na idade do ferro (hai 2500 anos) e quizais antes. Sabémolo polos restos arqueolóxicos e mais polo topónimo: O Crasto. En arqueoloxía coñécense como cabicastros …
É unha embarcación de fondo plano, proa e popa cortadas que se usaba con vela e remos no sur galego entre Cangas e A Guarda. É a embarcación de Panxón fóra lanchas e barcos. Non imos repasar a nomenclatura descritiva …
O vindeiro mércores 14 de agosto ás 20:00h, Anxo Rodríguez Lemos, historiador e doutorando na USC e membro do IEM, ofrecerá a conferencia titulada Os tempos na Colexiata de Santa María de Baiona, en colaboración co concello de Baiona. Esta terá lugar na Capitanía …
Cando embarquemos en Panxón o martes 13, para percorrer mares de naufraxios e talasónimos a mares, treparemos lugares con memoria, neste porto é milenaria, comunicado, por cabotaxe, co Mediterráneo, o primeiro bo abrigueiro natural en moitas millas. Damos por suposto …
No mércores 31 houbo unha sonora xeira en Parada. Románico, Anxo, Ester, igrexa. O percorrido botánico foi polo río da man de Xosé Ramón. Mapas indican e persoas reproducen río Muíños. Xamais se chamou así. Baixa das entrañas da terra …
O Antártico era un barco matriculado no porto italiano de La Spezia que finou diante do Faro de Laxes, na zona de maior densidade de naufraxios do mar miñorán. Aquí bateron: o H.P., o Cackeren, o Aslaug, o Aralar, o …
Para un mariñeiro posicionarse no mar enriba dun pesqueiro usaba, e usa, marcas por terra. O sistema usado consiste na triangulación tirando dúas liñas imaxinarias que converxen no punto buscado. Cada unha destas liñas confórmase con dous puntos en terra, …
Itinerario aproximado sábado Brandomil (ponte sobre o Xallas), pasado romano. Baíñas, senlleira feira comarcal, espazo literario. Dolmen de Regoelle, Pedra da Arca. Pedra do Brazal (panorámica do esteiro do Xallas)/ Petróglifo de Pedra Longa. Petróglifo de Pedra Longa. Miradoiro do Ézaro …
Os mariñeiros vellos dicían As Berlingas. Están sete millas fronte ó cárcere salazarista de Peniche que Rosa Aneiros empregou na súa novela Resistencia. É unha illa, A Berlenga Grande, habitable e habitada, e uns illotes ó pé dela e nun …