TRISTE NOVA PARA O IEM O FALECEMENTO DE ALFONSO ÁLVAREZ CÁCCAMO
TRISTE NOVA PARA O IEM O FALECEMENTO DE ALFONSO ÁLVAREZ CÁCCAMO
Onte deixounos Alfonso Álvarez Cáccamo, amigo e colaborador do IEM dende os primeiros tempos. Moi ligado ao Val de Miñor polo seu traballo no colexio do ISM de Panxón.
Tivemos a sorte de compartir con el moitos e bos intres en actos que o IEM organizaba, de falar de libros e de arte, de compartir ese humor sempre presente na súa vida e nas súas obras, cheas de ironía e retranca, con fino e aguzado enxeño. É unha gran perda para as letras e a cultura galega. Sempre estivo apoiando o IEM e moitas causas que compartimos nas reivindicacións da Memoria Histórica, da lingua, da literatura galega, e cos seus irmáns fixo ó IEM depositario do arquivo que o seu pai conservaba da obra de Antón Alonso Ríos, con correspondencia e orixinais que están nos arquivos do IEM para consulta pública.
Dende o a Xunta de Goberno do IEM queremos manifestar o noso pesar, e acompañar á familia e amigos nestes triste transo, e convidar a tódolos socios e amigos a acompañar os actos de despedida na capela de Pereiró ás 19 h.
Val de Miñor, 5 de marzo de 2024