Asemblea Xeral ordinaria/extraordinaria IEM 2020
Convocatoria de reunión da Asemblea Xeral ordinaria e extraordinaria do IEM:
Asemblea Xeral Ordinaria:
Data e hora: Venres, 13 de marzo de 2020 ás 19:00 h (1ª convocatoria) 19:30 h (2ª convocatoria).
Lugar: “AULA DE CULTURA PONTE DE ROSAS” sede do IEM, Avda. da Feira, 10 Baixo 36380 Gondomar.
Asuntos a tratar:
- Lectura e aprobación, se procede, da acta da reunión anterior.
- Presentación da Memoria de Actividades 2019 da Asociación.
- Aprobación, se procede, das Contas Anuais 2019 da Asociación.
- Informe actualizado do número de socios/as e altas no ano 2019.
- Informe actualizado sobre as diferentes convocatorias de axudas solicitadas aos distintos organismos instituticionais.
- Previsión das actividades para o ano 2020.
- Rogos e preguntas.
Asemblea Xeral Extraordinaria:
Data e hora: Venres, 13 de marzo de 2020 ás 20:30 h (1ª convocatoria).
Lugar: “AULA DE CULTURA PONTE DE ROSAS” sede do IEM, Avda. da Feira, 10 Baixo 36380 Gondomar.
Asuntos a tratar:
- Elección nova Xunta Directiva segundo o procedemento recollido nos estatutos do IEM.