“ENERXÍA EÓLICA EN GALICIA. Actualidade e porvir”
Este pasado sábado 9 de setembro tivo lugar a xornada “ENERXÍA EÓLICA EN GALICIA. Actualidade e porvir” na casa forestal de Valdarca, Oia.
Interviron Xosé A. Rodríguez “Xúster” (presidente da Comunidade de Montes de Oia), Juan Hermida (director do IEM), Bruno Centelles , Ana Varela, Xavier Simón, Aranza González, Nery Díaz, Torcuato Teixeira e, pechou a xornada Xosé Lois Villar (vicedirector do IEM e presidente de SOS Groba).
En breve subiremos a plataforma Youtube ás intervencións dos participantes. Teredes a ligazón na nosa páxina web.
Moitas grazas a todas e todos os asistentes.