O Concello de Baiona distingue ao IEM concedéndolle a Medalla de Ouro da Vila
Nun acto celebrado hoxe en Baiona, Carlos Méixome Quinteiro e Xulián Maure Rivas, exdirectores do IEM, recibiron de mans do alcalde, Carlos Gómez Prado, a Medalla de Ouro da vila -o máximo galardón que pode otorgar a corporación municipal- ao IEM en recoñecemento da súa traxectoria na defensa e difusión da cultura e o patrimonio do Val de Miñor en xeral e de Baiona en particular.
Xosé Lois Vilar Pedreira, vicedirector do IEM, deu lectura do discurso de agradecemento.
Pechou o acto o alcalde de Baiona.