
Visita á exposición permanente no Mosteiro de OIA “Os presos do Mosteiro: memorias da Guerra Civil Española”
📢 Participa na visita guiada á exposición permanente no Real Mosteiro de Oia!
No marco do XXII Mes da Memoria no Val de Miñor, convidámoste a participar nunha visita guiada á exposición permanente «Os presos do Mosteiro: memorias da Guerra Civil española», situada no Real Mosteiro de Oia.
PREME AQUÍ PARA INSCRICIÓN
Será unha oportunidade para coñecer de preto un espazo fundamental da nosa memoria histórica, achegarnos ás historias das persoas que estiveron presas neste mosteiro e seguir recuperando e divulgando a memoria dun pasado que non debemos esquecer.
📅 Sábado, 24 de outubro de 2026 🕦 Ás 11:30 h 📍 Real Mosteiro de Oia
⚠️ As prazas son limitadas, así que non agardes ao último momento para inscribirte.
Agardámoste para compartir esta visita e manter viva a memoria histórica!
Obligatorio poñer o nome, apelidos e DNI de cada persoa asistente para o seguro de accidentes. Grazas!



