
O IEM recibe o premio FOUCE DE OURO
A Asociación LUCENZA-ATENEO DE NIGRÁN concede o galardón “FOUCE DE OURO” a entidades que polas súas actividades a prol da defensa da terra galega, do territorio e do medio ambiente son consideradas merecedoras de tal distinción.
O premio incorpora unha doazón á entidade galardoada por importe de 500 euros para a realización de actividades de divulgación, que realiza a casa de comidas “O Druida”, patrocinador do premio.
Nesta terceira edición do premio e neste acto farase entrega formal do galardón Fouce de Ouro 2026 ao INSTITUTO DE ESTUDOS MIÑORÁNS polo seu labor e traxectoria.
A entrega da “III Fouce de ouro” ao IEM terá lugar no transcurso do FESTAVAL, organizado por LUCENZA – ATENEO DE NIGRÁN este vindeiro VENRES 23 DE OUTUBRO NO AUDITORIO MUNICIPAL DE NIGRÁN con tres actos consecutivos que se desenvolverán DESDE AS 19:30 HORAS.
Ás 19:30 ACTO POÉTICO – MUSICAL DE HOMENAXE A RAMÓN CABANILLAS NO 150 ANIVERSARIO DO SEU NACEMENTO
Ás 20:45 ENTREGA DO GALARDÓN “FOUCE DE OURO”
Ás 20:45 ENTREGA DO GALARDÓN “FOUCE DE OURO”
Ás 21:00 CONCERTO DE TINO BAZ
Todas as actividades terán lugar no Auditorio municipal de Nigrán.
A entrada a todas elas será aberta e de balde até completar aforo.
A entrada a todas elas será aberta e de balde até completar aforo.




