O próximo xoves 6 de xullo terá lugar a primeira xeira dentro do programa das Xeiras de verán 2023. Trátase da xeira Agua da Laxe. Será guiada por Xosé Lois Vilar. Veremos a posta do sol sobre o Val de Miñor e, ao oscurecer, iniciaremos a visitas aos petróglifos de Agua da Laxe.
DATA- Xoves 6 de xullo.
PUNTO DE ENCONTRO – Local do IEM (https://goo.gl/maps/Fnekd62Arqv2FHnw7).
HORA-20:30h
Se o tempo o permite aproveitaremos para, ao remate da xeira, observar as estrelas.