Xeira Nocturna en barco polo Mar de Panxón, Unha volta ás Estelas
• Mércores, 10 de agosto de 2022
• Hora de saída: 22 h. Hora de preembarque a partires das 21.30 h. Regreso ás 24 h.
• Punto de encontro será a o peirao de Panxón ás 21:30 e o regreso ás 24:00h.
Paseo marítimo nocturno para ver as Illas Estelas, e a costa da baía dende o mar, Monteferro, as Cíes e os montes do Val de Miñor dende unha visión acompañada de relatos da historia de naufraxios e o mundo do mar.
Guía: Xosé Lois Vilar Pedreira
Prezo da viaxe: 18 € público en xeral. / 15 € socios do IEM.
INSCRICIÓNS E RESERVAS
En liña
Podes reservar xa a túa praza e billete aquí e facer o pagamento en liña. (a opción máis rápida)
Pagamento por ingreso bancario
Ou podes inscribirte no teléfono 986 36 05 75, en horario 10:00h ás 13:30h dende o xoves 21 de xullo ata o luns 8 de agosto enviando previamente copia do xustificante de pago da reserva ao correo oficina@iem.gal, co ASUNTO: Viaxe en Barco Panxón.
OBRIGATORIAMENTE no correo terá que indicarse Nome, Apelidos e DNI de todas as persoas que realizaron o pagamento e reserva da(s) praza(s).
Así mesmo debease indicar un email e un teléfono móbil de contacto da persoa responsable da solicitude.
Datos bancarios
- Número de conta: ES95 2080 5035 0730 4001 4164
- Titular: Institudo de Estudos Miñoráns
- Entidade: ABANCA
- Asunto da transferencia: Viaxe en Barco Panxón.
A data límite para confirmar inscrición é o luns 8 de agosto ás 13h.
Non se fará reserva de prazas sen previa confirmación do pagamento.
Se non se chegara a cubrir 150 pasaxes, a organización podería anular a xeira e reenbolsaríase o prezo do ou dos billetes abonados.