O IEM oponse aos proxectos do PLAN EÓLICO DE GALICIA para o Val de Miñor e Baixo Miño
O Instituto de Estudos Miñoráns oponse ao modelo enerxético que sustenta o “Plan sectorial eólico de Galicia” no que priman a especulación económica e o rendemento a curto prazo priorizando claramente o mellor beneficio para as grandes empresas explotadoras ao tempo que despreza os valores patrimoniais (cursos de auga, paisaxe, flora, fauna, …). Este “Plan sectorial eólico”, á vista da documentación publicada en INEGA , afecta a toda Galicia e resulta particularmente prexudicial para as serras da Groba e do Galiñeiro. O IEM aposta por outro modelo enerxético non especulativo, equilibrado, respectuoso co entorno e que, a partir da promoción de fontes de enerxía limpas e sustentables, supoña unha verdadeira alternativa enerxética para a poboación.