Setembro 2021 “e se aínda seguimos aquí…”
O ano avanza imparable. E con el o noso traballo na defensa do Patrimonio Común e en contra do vixente modelo enerxético que na nosa zona pretende a desmedida industrialización das serras da Groba e do Galiñeiro.
Deixamos un “hiperactivo eólico” mes de agosto que, aproveitando o tempo de vacacións, viu cargado de novos parques eólicos, tanto dos xestionados pola Xunta como polos do MITECO.
Para o calendario completo preme na ligazón.https://iem.gal/o-iem/agosto-2021-e-se-ainda-seguimos-aqui/
Seguimos aquí!
Renovables si, pero non así!