Os Faladoiros do IEM: “O PREZO DO BARATO. Consumo responsable”
FALADOIROS IEM OUTONO 2020
“O PREZO DO BARATO, CONSUMO RESPONSABLE”
Importante: O aforo e mesmo a celebración do faladoiro dependerán das “Condicións COVID” vixentes en cada momento.
VENRES 13 NOVEMBRO
“SECTOR TÉXTIL E MODA SUSTENTABLE GALEGA”
Violeta Bouzada Novoa
(Colectivo FENTO, deseñadoras, artesás e creadoras).
Falará do sector téxtil e a moda sustentable galega, a produción respectuosa co medio natural, as certificacións, os custes de produción e a trazabilidade, entre outos temas.
Presenta Ánxeles Bouzó Fernández
FENTO é un colectivo galego de persoas con sensibilidade pola moda sustentable, creado en Vigo en 2018, por e para persoas que se adican á moda coma deseñadoras, artesás e creadoras, pero tamén para todas aquelas que, independentemente da súa actividade, queiran apoiar e poñer en valor este traballo.O noso obxectivo é contribuir ao cambio e ao deseño do futuro, reducindo o impacto ambiental, creando pezas especiais que perduren e producindo de forma xusta e responsable coas persoas e o medio ambiente.Realizamos actividades de distinta natureza, dende divulgativas, artísticas sociais e de activismo, para levar os retos globais da moda sustentable a accións locais.Actualmente o sector textil está vivindo a revolución da sustentabilidade e cada vez hai máis proxectos que queren partir duns principios respectuosos coas persoas e o medio ambiente. Dende FENTO reunímonos distintos proxectos textís con distintas traxectorias, modelos de negocio e tipos de servizos para crear sinerxias que faciliten as colaboracións entre as persoas o desenvolvemento das distintas iniciativas. Sendo actualmente a única iniciativa galega deste tipo.
1 Comentario
NON ESTAN DESCONVOCADOS OS FALADOIROS, FOI A PRIMEIRA CHARLA. ADIOUSE PARA O DIA 20. CELEBROUSE ESTE VENRES PASADO (6 DE NOVEMBRO) O SEGUNDO FALADOIRO. DESPOIS, SE TODO SEGUE IGUAL , CELEBRARASE O TERCEIRO (DIA 13 DE NOVEMBRO) E O PRIMEIRO, O DÍA 20 DE NOVEMBRO.