Xeira de verán 2024 do IEM. Noite de estrelas e historias do tempo das mámoas
Mañá martes comezaremos o noso calendario de xeiras do mes de agosto.
Esta primeira xeira “Noite de estrelas e historias do tempo das mámoas” levarase a cabo no concello de Tomiño, parroquia de Vilachán, en colaboración coa Agrupación Astronómica Rias Baixas (AARB) quenes nos aprenderán a observar as constelacións e estrelas que conforman o noso firmamento.
Comezaremos ás 21:00 horas e atoparémonos en Vilachán (https://maps.app.goo.gl/RxAEyhsqpx9WJW568) para logo facer un pequeno percorrido ata o lugar de observación.