ADIADA A XEIRA: “DO MAR AO MONTE. A PAISAXE NOMEADA” Martes, 16/08/22 ás 22:00 na praia da Barbeira.
Tendo en conta as desfavorables condicións atmosféricas anunciadas para a xornada de mañá, con previsión de ceos cubertos e alta probabilidade de chuvia ANUNCIAMOS O ADIAMENTO da Xeira “DO MAR AO MONTE. A PAISAXE NOMEADA”.
Anunciaremos a nova data atendendo ás previsións atmosféricas para os vindeiros días.
Nesta ocasión será unha “Xeira estática” que terá lugar no areal da praia da Barbeira, en Baiona, na que Xosé Lois Vilar, Xilberte Manso, Juan Hermida e Bruno Centelles falarán sobre os diferentes aspectos recollidos no título.
Duración estimada: 90 minutos.
Sendo unha actividade estática e nocturna é recomendable acudir con roupa de abrigo, unha toalla ou mesmo unha cadeira lixeira para sentarse.
Coma sempre, nas Xeiras do IEM contamos con intérpretes de lingua de signos.
Nesta Xeira non é necesaria inscrición previa e non haberá limitacións de acceso.