NOITE DE ESTRELAS en Chan d’Arquiña (Moaña)
O Concello de Moaña e a Comunidade de Montes de Domaio presentan unha ‘Noite de Estrelas’.
Será o xoves 25 de Agosto ás 21:30 en Chan d´Arquiña, no mirador dos Candóns, e a entrada será de balde.
Unha xornada de observación astronómica da man do Instituto de Estudos Miñoráns, unha institución afincada no Val de Miñor que leva moitísimos anos traballando na difusión da cultura e do patrimonio, material e inmaterial.
Trátase de xornadas explicativas do ceo para aprender os coñecementos básicos para comezar a observar as estrelas.
Por parte do IEM asistirá Bruno Centelles García, un dos componentes que mais tempo leva traballando esta sección astronómica.
A actividade terá unha duración aproximada de 90 minutos.
Esta actividade está pensada para todas aquelas persoas que queiran gozar do ceo e do monte, ou ben soas ou acompañadas en familia ou con amizades, para nenos e para adultos. Enmárcase dentro das actividades de respecto medioambiental da concellaría de Medio ambiente e concellaría de Mocidade do Concello de Moaña.