XEIRA ALEN MIÑOR XXIX O BARBANZA (1º PARTE) 13-14-15 DE OUTUBRO 2023
XEIRA ALEN MIÑOR XXIX
O BARBANZA (1º PARTE) 13-14-15 DE OUTUBRO 2023
Itinerario aproximado
Día 13, venres
- 8,00 Saída en autobús do pavillon de deportes de Gondomar
Percorrido, visita:
- 9,30 Visita o centro de interpretación, o estuario do Ulla e restos do castelo e torres defensivas prerrománicas de Catoira.
- 11,30 Conserveira (pendente de confirmar)
- 14,30 Xantar na Pobra do Caramiñal
- 16,30 Visita Museo de Valle Inclán (Torre de Bermúdez), paseo polos elementos máis singulares e patrimoniais da vila e visita a Capela de Alba, sc.XVI.
- 20,30 Chegada o hotel, en Boiro
Día 14, sábado
- Almorzo no hotel
- 9,30 Visita o pazo Torre de Goiáns, Boiro
- 11,30 Visita centro arqueolóxico do Barbanza e os Castros de Neixón, Boiro
- 14,30 Xantar en Cespón, Boiro
- 16,30 Serra do Barbanza- Iroite, paisaxe , territorio e arqueoloxía.
- 20,00, Chegada o hotel, en Boiro
Día 15, domingo
- Almorzo no hotel
- 10,00 Visita a Rianxo: Rúas da riba, do medio e da baixo, monumento Isaac díaz Pardo, Castelo da Lúa, arquitectura tradicional mariñeira (casas do remo), museo Manuel Antonio, capela de Guadalupe, igrexa de Santa Columba, s.c. XV, en pouco espazo físico e na mesma rúa temos referenciados en diferentes edificacións a Castelao, Rafael Dieste e Manuel Antonio.
- 14,30 Xantar en Rianxo
- 16,30 Hórreo do Araño. O hórreo máis longo e con máis capacidade de Galicia.c,XVIII
- 17,00 Pico Muralla, espectacular paisaxe da contorna e das rías de Arousa e Noia.
- 21,00 Chegada a Gondomar.
CARACTERÍSTICAS DA XEIRA
- Para anotarse á xeira contactar por Whatsapp ó 627 27 68 16
- Prazas mínimas: 35
- Aberto o prazo de inscrición até un total de 35 prazas. Non se reserva praza ate que estea aboada a xeira.
- As baixas que se realicen con menos de 48 horas antes do comezo da xeira non se lles aboará o importe da mesma.
- PREZO SOCIOS/AS: 184 euros.
- PREZO NON SOCIOS/AS: 199 euros. PLUS HABITACION INDIVIDUAL: 17 euros.
- Nº DE CONTA IEM: ES95 2080 5035 0730 4001 4164
- O prezo inclúe autobús, tres comidas, hotel, dous almorzos, visitas e guías.
Guías: Victor Barbeito (arqueólogo), Antonio Millán e Xesús Santos (historiadores).