
Queremos pedirvos desculpas polas molestias ocasionadas pola cancelación da xeira nocturna do barco
Estimados/as socios/as e amigos/as:
Queremos pedirvos desculpas polas molestias ocasionadas pola cancelación da xeira nocturna do barco, unha situación allea á nosa vontade e que lamentamos sinceramente.
Informámosvos de que xa se tramitou a devolución dos importes correspondentes ás pasaxes, polo que nos próximos días deberiades recibir o reintegro a través do mesmo medio de pagamento empregado.
Así mesmo, para a próxima xeira nocturna en barco, informarémosvos con suficiente antelación para que poidades adquirir as vosas pasaxes.
Agradecemos a vosa comprensión e confianza, e esperamos poder contar coa vosa participación nas próximas actividades que organice a asociación.
Recibide un cordial saúdo,
A Xunta Directiva



