Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

PRESENTACIÓN EN PONTEVEDRA D’A RELIXIÓN DO MAR o venres día 26 ás 20:00 horas.

PRESENTACIÓN EN PONTEVEDRA D'A RELIXIÓN DO MAR

O Ateneo de Pontevedra organiza a presentación, na libraría Paz desta cidade, do poemario A relixión do mar, de Xosé Iglesias Lamela, que obtivo en 2016 o IX Premio de Poesía Victoriano Taibo convocado polo concello de Gondomar e xestionado polo Instituto de Estudos Miñoráns.

O autor, mariñeiro en activo, rende neste libro unha homenaxe ao mar en todas as facetas con el relacionadas e faino coa forza, a autenticidade e a creatividade de quen ama profundamente o que fai e o que di; talvez por iso o poemario tivo unha traxectoria tan afortunada con abundancia de críticas favorables e presentacións en moitos lugares de Galicia. Agora tócalle recibilo a Pontevedra da man do tamén poeta (e máis cousas: profesor, etnógrafo, activista cultural) Calros Solla, gañador en 2011 do IV Premio de Poesía Victoriano Taibo coa obra Holocausto zacoe, que compite con esta en forza, creatividade e orixinalidade, aínda que nun rexistro totalmente distinto.

O acto terá lugar o venres día 26 ás 20:00 horas na Libraría Paz, situada en rúa Peregrina nº 29 de Pontevedra.

Está en:  Inicio Marítima
Skip to content
Novas
Filtrar por título     Amosar # 
# Título do Artigo Autor Accesos
1 A Seccións Marítima participou no 1º Encontro de Embarcaçoes Tradicionais en Póvoa de Varzim. 3120
2 Imaxes da 3ª Mostra das Tradicións Mariñeiras 2777
3 3ª Mostra das tradicións mariñeiras no concello da Guarda : Unha dobre gratificación. 2947
4 O concello da Guarda acolle a III Mostra das tradicións mariñeiras. 3661
5 Guías Prácticas de actividades e náutica de recreo. Campaña Verán 2011. 3163
6 Con gran éxito rematou o X Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. 2447
7 Xa está dispoñible o Nº 6 da Revista Galega de Cultura Marítima e Fluvial "ARDENTÍA". 3191
8 Inaugurouse o X Encontro de Embarcacións Tradicionais en Carril. 2905
9 Proseguen as actividades de cara ao X Encontro de Embarcacións Tradicionais Galegas. 2804
10 X Encontro de embarcacións Tradicionais en Carril 7911
11 Normas de Navegación e Seguridade nas augas marítimas da provincia marítima de Vigo 2011. 2053
12 X Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. 2108
13 Inauguración da exposición Mar ao Xeito no Museo do Mar de Galicia. 2091
14 A navegar coa Asociación de Mariñeiros Deportivos de Bouzas 2340
15 Novas sobre a Sección Marítima do IEM na prensa. 2159
16 A Sección Marítima do IEM na celebración da Reconquista de Vigo. 2059
17 Xornada "Embarcacións patrimoniais: navegando nun mar de dúbidas" 2079
18 Xornada "Embarcacións patrimoniais: navegando por un mar de dúbidas". IEM 10116