Os faladoiros do IEM: CO MAR DE FONDO
FALADOIROS DO IEM: CO MAR DE FONDO
. 3 de novembro:
Antón Mascato, Emilio Ínsua e Helena Pousa: Presentación dun novo número da revista
mariñeira Nova Ardentía.
. 10 de novembro:
Presentación do libro de Anxo Angueira “Palmeiras, Piueiros”.
Presenta Xaquin Cadilla, “O Balueiro”, home de mar e poeta.
. 24 de novembro:
Xaquin Cadilla, presidente da Asociación mariñeira O Piueiro, presenta o
traballo de recollida da Talasonimia do mar da Guarda e outros bens inmateriais da tradición
mariñeira da Guarda.
Todos os faladoiros serán ás 20 h no local do IEM na Aula de Cultura Ponte de Rosas,
Avda da Feira nº 10 Gondomar.