Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia
Este sábado, 11 de xaneiro, organizado polo Instituto de Estudos Miñoráns e coa colaboración do concello de Gondomar, comeza no Auditorio Municipal Lois Tobío unha nova edición da MOSTRA DE TEATRO AFECCIONADO VAL MIÑOR E OIA que, desde este sábado ata o domingo 9 de febreiro ten programadas dez pezas doutros tantos grupos afeccionados do Val Miñor e Oia.
A entrada será libre ata completar aforo.
Programa:
SÁBADO 11 de xaneiro. 20:00 h
“O GALEGO, A MULATA E O NEGRO” representado polo grupo Bertorella teatro, de Gondomar.
DOMINGO 12 de xaneiro. 18:00 h
“PEQUENO RETABLO” representado polo grupo Nonsí teatro, de Baiona.
SÁBADO 18 de xaneiro. 20:00 h
“LUME” representado por Teatro do ar, de Nigrán.
DOMINGO 19 de xaneiro, ás 18:00
“AS APARIENCIAS ENGANAN” representado por A xesta vermella, de Borreiros.
Sábado 25 de xaneiro, ás 20:00 h
“CÓNCAVO CONVEXO” representado por Vichelocrego teatro, de Gondomar.
DOMINGO 26 de xaneiro, ás 17:00 h
“O MERLO BRANCO” representado por Os cabalos rosas brincan no patín, grupo infantil de Viladesuso.
Sábado 1 de febreiro, ás 20:00 h
“MOVIDA NO CONVENTO” representado por O mellor de cada casa, de Viladesuso.
Domingo 2 de febreiro, ás 18:00 h
“UN DÍA DE PESADELO” representado por A moura teatro, de Chaín.
SÁBADO 8 de febreiro, ás 20:00 h
“QUEN DIXO MEDO?” representado por Arredemo teatro/Aula de teatro de Gondomar.
DOMINGO 9 de febreiro, ás 18:00 h
“ROSA INTENSO TIRANDO A ROJO BERMELLÓN” representado por Pritis Guomis/aula de teatro de Gondomar.