“A VOLTA DAS NOVE”. Intervención de Aldo Dagraza Valverde na homenaxe celebrada o 26 de outubro de 2019.
“A VOLTA DAS NOVE”. Intervención de Aldo Dagraza Valverde, en representación das familias represaliadas, no acto de homenaxe celebrado no cemiterio municipal de Baiona o sábado 26 de outubro de 2019 . Aldo Dagraza Valverde é bisneto de Generoso Valverde Iglesias, un dos nove asasinados aquel fatídico 16 de outubro de 1936 na volta da Bombardeira.
O xoves tres de outubro de 2019, na aula de cultura “Ponte de Rosas” en Gondomar, Telmo Comesaña, orfo de José Comesaña, veciño de Alcabre asasinado en Vincios, abría o ciclo “A VOLTA DAS NOVE” que, logo dunha ampla selección de actividades desenvolvidas nos tres concellos miñoráns, remataba o sábado 26 no cemiterio municipal de Baiona coa colocación dunha placa obra de Fernando Casás en memoria dos mariñeiros asasinados na Volta da Bombardeira. Este acto, que contou coa colaboración musical de Lucía César Veloso e Manolo Dopico, foi unha homenaxe extensiva a todas as familias represaliadas no Val de Miñor.
Intervención de Aldo Dagraza Valverde