
“A VOLTA DAS NOVE”. Intervención de Xosé Lois Vilar Pedreira, subdirector do IEM, na homenaxe celebrada o 26 de outubro de 2019.
O xoves tres de outubro de 2019, na aula de cultura “Ponte de Rosas” en Gondomar, Telmo Comesaña, orfo de José Comesaña, veciño de Alcabre asasinado en Vincios o xoves 3 de outubro, abría o ciclo “A VOLTA DAS NOVE” que, logo dunha ampla selección de actividades desenvolvidas nos tres concellos miñoráns, remataba o sábado 26 no cemiterio municipal de Baiona coa colocación dunha placa obra de Fernando Casás en memoria dos mariñeiros asasinados na Volta da Bombardeira. Este acto, que contou coa colaboración musical de Lucía César Veloso e Manolo Dopico foi unha homenaxe extensiva a todas as familias represaliadas no Val de Miñor.