
Documentais sobre a memoria: “Na pel da memoria” e “Dores”
Pechamos o mes da memoria ca proxección das curtometraxes “Na pel da Memoria” e “Dores” de Coral Piñeiro e Laura Piñeiro. O acto terá lugar o venres 27 de outubro ás 20:00h no local do IEM.
Laura e Coral Piñeiro son dúas irmás de 25 anos graduadas en Comunicación Audiovisual pola Universidad de Santiago de Compostela. Laura especializada en Montaxe Cinematográfico pola Escuela Superior de Cinema i
Audiovisuals de Catalunya.
Despois de realizar a súa primeira curtometraxe documental “Dores”, selecionada na categoría DocsU do DocsBarcelona e premiada polo público no OUFF (Ourense Film Festival), dirixen parte da súa carreira ao acercamento do pasado e a memoria histórica ás novas xeracións, creando a Asociación Memoria e Cinema e coa súa segunda peza “Mariví, na pel da memoria”, premiada como mellor documental deno-ficción no Festival de Cans.