
Os faladoiros do IEM: Xornalismo e información. “De onde saen as noticias?”
Novo Ciclo de Faladoiros do IEM:
Baixo o título xenérico de “XORNALISMO E INFORMACIÓN” programamos no IEM este ciclo de faladoiros no que contaremos coa presenza de xornalistas de recoñecido prestixio no noso país que, dende a perspectiva da súa propia experiencia profesional e persoal, disertarán sobre cuestións vinculadas á realidade na que vivimos.
Abrirá esta serie “DE ONDE SAEN AS NOTICIAS?”, con DAVID REINERO, xornalista máis de datos que de anécdotas, que tras facer de todo en El País, Xornal de Galicia e Atlántico Diario, forma parte da redacción de Praza Pública desde 2016.
Bruno Centelles, da xunta de goberno do IEM, presentará ao noso convidado.
Será o vindeiro venres, 20 de febreiro, ás 20h. na Aula de Cultura Ponte de Rosas, na Avda. da Feira, 10, baixo, sede do IEM en Gondomar.
Continuarán o ciclo:
– “Xornalistas e literatas nas letras galegas”, con María Xosé Porteiro, o venres 6 de marzo.
– “Non está a cousa tan mal como parece”, con Antón Losada, o venres 10 de abril.
– “Do retorno de Castelao no 84 á CRTVG. Manipulación permanente”, con Tareixa Navaza, o venres 29 de maio.




