
Fronte a esta nova AMEAZA EÓLICA…
… A GROBA CHAMA POR NÓS!
O DOG, esa superpoderosa e letal arma de destrución do patrimonio e o territorio, publica na súa edición do pasado día 4 de febreiro o anuncio de catro novos proxectos industriais eólicos: Margarita 18 (expediente IN408A 2024/012), Cote 25 (expediente IN408A 2024/013), Nao 19 (expediente IN408A 2024/011) e Galera 25 (expediente IN408A 2024/014) situados no concello de Oia, ademais da súa infraestrutura de evacuación LSAT 20 kV CS Alto das Veigas-SE UFD Gondomar (expediente IN408A 2024/026), situada nos concellos de Oia, Baiona e Gondomar.
Desde o IEM, en colaboración SOS GROBA, SALVEMOS MONTEFERRO, as Comunidades de Montes de MOUGÁS e VILADESUSO e outras entidades e colectivos veciñais da contorna poñemos a disposición das persoas interesadas este modelo breve de ESCRITO DE ALEGACIÓNS contra o aberrante NOVO PROXECTO INDUSTRIAL EÓLICO na SERRA DA GROBA.
Convidámoste a colaborar na defensa da Serra da Groba compartindo, descargando, imprimindo e presentando este ESCRITO DE ALEGACIÓNS de dúas páxinas (mellor nunha única folla polas dúas caras) completándoo cos datos da persoa asinante.
Nesta ligazón poderás descargar ou imprimir directamente o documento en versión pdf.

Poderás presentar o teu escrito de alegacións de XEITO PRESENCIAL en calquera rexistro público oficial (Xunta, Deputación, calquera concello…)
Ou ben de XEITO TELEMÁTICO a través de INTERNET.
Se o prefires, poderás deixar o teu escrito de alegacións no local do IEM, na Avenida da Feira, 10, baixo, en Gondomar.
Faremos nós o trámite no Rexistro do concello.
O prazo rematará o vindeiro venres, 20 de marzo.
Moitas grazas pola túa colaboración!





