
Comunicado IEM
Prezadas/os amigas/os.
Queremos comunicarvos que este ano non se convocará o Premio Victoriano Taibo 2025 por motivos sobrevidos que teñen que ver coa loxística da organización do Premio das partes implicadas, IEM, Editorial Galaxia e Concello de Gondomar.
Esperamos que poidamos resolver estas incidencias e seguir convocando un ano máis o Premio Victoriano Taibo que durante os últimos 19 anos ven recoñocendo a calidade do labor creativo de tantas escritoras e escritores.
Queremos pedirvos desculpas e aproveitamos para seguir animándovos a participar en anos vindeiros coas vosas creacións.
Recibide un cordial saúdo da Xunta de Goberno do IEM.



