
Xeiras do IEM verán 2026: “Os Petróglifos das portaxes como lugar de xuntanza ritual e social”
O vindeiro xoves 27 de agosto achegarémonos ao Monte Tetón para descubrir o seu importante patrimonio arqueolóxico e natural.
A actividade, “Os Petroglifos das Portaxes como lugar de xuntanza ritual e social”, permitirá coñecer os gravados rupestres do monte e afondar no seu significado, na súa historia e na relación que estes espazos tiveron como lugares de encontro da comunidade.
A visita estará guiada por Xosé Luís Vilar, que nos acompañará neste percorrido para interpretar os petróglifos e o territorio que os rodea.
📍 Punto de encontro: Alto do Padrón, KM 12300 PO-344 42º 03´46.8´´N – 8º44´39.6´´W Gondomar-Tomiño
🕘 Saída: 21:00 h
📅 Data: xoves, 27 de agosto
Unha oportunidade para gozar do patrimonio, da paisaxe e da historia do Monte Tetón nunha actividade para compartir e aprender en boa compañía.



