O IEM apoia a Manifestación do 25-S na Coruña contra a Depredación Enerxética.
Desde o Instituto de Estudos Miñoráns manifestamos o noso apoio á convocatoria da manifestación do vindeiro domingo, 25 de setembro, na Coruña.
Aproveitamos a ocasión para animar a outros grupos, colectivos e plataformas a participar nesta mobilización.
A ameaza é moi seria.
O venres día 23 no Centro Social A Revolta (rua Real 12, Vigo) haberá unha palestra para informarnos das consecuencias da invasión eólica que ameaza o pais apoiada polos gobernos español e galego, e que, entre outros impactos, provocará destrución da paisaxe, destrución da biodiversidade, destrución do patrimonio natural e cultural, modificación dos cursos da auga, afección directa a varias poboacións…
Proxectos que só van beneficiar ás grandes empresas eléctricas, que despois nos venden a electricidade con tarifas desorbitadas.
Proxectos que só van beneficiar ás grandes empresas eléctricas, que despois nos venden a electricidade con tarifas desorbitadas.
HAI QUE PARALOS!
HAI QUE BOTALOS!