Venres 23. Presentación de “ARQUITECTURAS DE INTERMEDIACIÓN NO VAL DE MIÑOR. CRUCEIROS E PETOS DE ÁNIMAS”
Prezadas amigas e amigos do INSTITUTO DE ESTUDOS MIÑORÁNS.
O vindeiro venres día 23 do mes en curso, ás 19:30 horas, terá lugar a presentación do libro “ARQUITECTURAS DE INTERMEDIACIÓN NO VAL DE MIÑOR. CRUCEIROS E PETOS DE ÁNIMAS”, da autoría de Antonio Soliño Troncoso e María Xosé Pérez González, membro e socia do IEM, na igrexa románica de Santa Baia das Donas, municipio de Gondomar, acto ao que por este medio quedades convidados, circunstancia extensible a quen entendades interesado. A presentación volverá a celebrarse no concello de Nigrán en lugar e data que serán oportunamente comunicados.
O libro, de 671 páxinas, ilustradas con debuxos, planos e fotografías, forma parte dunha ideada colección de CADERNOS DE ETNOGRAFÍA sobre o Val de Miñor, centrados no ámbito da arquitectura, composta por seis volumes complementarios e, á vez, autónomos entre os cales o presente se corresponde co número cinco, que non obstante sae ao mercado en primeiro lugar.
Unha aperta.
Juan Hermida, director do IEM.