
“A LOITA FINAL” (Enrique Banet e Mabel Rivera) no IEM
A loita final. É o título do documental, dirixido por Enrique Banet e producido por Mabel Rivera, que analiza os posibles efectos da implantación da planta de ALTRI en Palas de Rei, localidade que acolleu a súa estrea o pasado sábado, 12 de abril, na Casa da Cultura.
A plataforma Ulloa Viva e mais o colectivo Palas Viva explican que o documental xorde “a raíz da preocupación suscitada” polas posibilidades de que un proxecto da “envergadura” do proxecto industrial da celulosa portuguesa e Greenalia “se puidese realizar”.
O IEM, na súa liña de divulgación de coñecemento e de protección do Patrimonio súmase á campaña de promoción deste documental e convida á veciñanza miñorá a asistir o vindeiro xoves, día 15 de maio, ás 20:00h, á proxección e posterior debate no que participarán Enrique Banet, director e Mabel Rivera, produtora.
Ligazóns para os vídeos da manifestación do 15 de decembro en Santiago:
https://youtu.be/VqjWh-W4QZ0?si=1yDlI0lvFoI_uxnR (20´)
https://youtu.be/icGVDh9W5tU (4′)
ALTRI NON!