
Presentación do libro “TAIBO. Verso libre da música galega” (Autor: Alberto Cancela Montes)
Presentación do Libro “TAIBO. Verso libre da música galega”
Venres, 23 de Maio ás 20:00h
Lugar: “Aula Ponte de Rosas” Avda. da Feira, 10 baixo. Gondomar
Taibo. Verso libre da música galega. Compostela / México D.F. ofrece unha minuciosa biografía da persoa poliédrica de Luís Taibo (Santiago de Compostela, 1877 – México D.F., 1954). Foi compositor, pianista, director, escritor e médico, ademais dunha figura esencial nos diferentes movementos galeguistas de finais do século XIX e primeira metade do XX. Divido entre Galicia e México, país que o acolleu e lle permitiu desenvolverse plenamente, no ámbito musical supón un paso máis cara o nacionalismo galego, dende un estilo moi persoal e sempre enraizado na tradición galega. Este volume conta cun catálogo completo das súas obras, así como cun apartado documental con partituras, epistolario e textos literarios.
Sobre o autor
Alberto Cancela Montes (Santiago de Compostela, 1984) é diplomado en Educación Musical pola Universidade de Santiago de Compostela e licenciado en Historia e Ciencias da Música pola Universidade de Oviedo, onde tamén se doutorou en 2020. Ten publicados diversos traballos de investigación relacionados coa vida musical en Galicia entre a segunda metade do século XIX e a primeira do XX. Precisamente cun traballo sobre a familia de músicos Courtier e, en colaboración coa súa irmá a tamén doutora Beatriz Cancela, obtivo en 2011 unha «Mención Especial» no II Premio de Investigación Histórica Domingo Fontán. Xunto con Sixto Gómez deu forma a “Chané. O nacemento da Música Popular Galega“, editado por aCentral Folque, no que se narra a vida de José Castro González “Chané”, nome fundamental na revolución que viviu música galega na súa época.