HOXE NO IEM ESTAMOS DE LOITO
Temos que comunicar o noso grande pesar polo pasamento do noso compañeiro Alvaro Agustín Peralta Tesera.
Onte a tarde recibimos a triste nova do pasamento de Álvaro. Compañeiro nas angueiras do IEM, documentalista, xornalista e loitador pola democracia no seu país de orixe , Uruguay, e no noso como un galego máis, co que partillamos xornadas de traballos e moitas horas de investigacións e de preparar información para os nosos socios/as e para o público en xeral dende o dixital Valminor info. Traballo de administración e de atención ao público, sempre atento e colaborador e partícipe de moitas das actividades que levamos feito perante estes 25 anos.
Dende a Xunta de Goberno do IEM e en nome de todas e todos os socios queremos mandar unha forte aperta e o noso pésame para toda a súa familia, a súa dona e fillos Estela, Martín e Inés, e a súa nai e demais familia.INFO
Data de defunción: 04-06-2024
Localidade: Gondomar
VELATORIO
Lugar do velatorio: Tanatorio do Miñor
Sala: 2
Data e hora de saída: 06-06-2024 19:00
CEREMONIA:
Día: 06-06-2024
Lugar da ceremonia: Sin ceremonia
Hora: 19:00
Lugar de inhumación: Crematorio Incineración en Vigomemorial