Outubro 2021. “E se aínda seguimos aquí…”
O ano avanza imparable. E con el o noso traballo na defensa do Patrimonio Común e en contra do vixente modelo enerxético que na nosa zona pretendía a desmedida industrialización das serras da Groba e do Galiñeiro.
Noutro claro exemplo de “filibusterismo informativo”, co evidente propósito de confundir máis que de informar, actualmente e segundo a Xunta constan 6 parques eólicos (PE,s) na Serra da Groba: Albariño I, Merendón, Rosal, Torroña I, Toroña “vello” e Toroña “novo” para un total de 38 aeroxeradores máis as necesarias estruturas e instalacións anexas (LAT,s, subestacións, torres metrolóxicas…) Desapareceu sorpresivamente o PE Torroña III que si figuraba no Documento de Inicio do Torroña I
Tamén “desapareceu” (definitivamente?) do mapa do REG o parque previsto na Serra do Galiñeiro. Pero non hai ningunha garantía de protección contra calquera outro proxecto industrial (eólico, mineiro…) nesa serra.
Deixamos un “hiperactivo eólico” verán que, aproveitando o tempo de vacacións, viu cargado de novos parques eólicos, tanto dos xestionados pola Xunta como polos do MITECO.
Seguiremos con atención as publicacións no BOE, nos diferentes BOP,s e no MITECO.
E agora virá a avalancha de “Proxectos autonómicos”. Seguiremos con atención as publicacións no DOG, no REG e na CMATV.
Para o calendario completo preme na ligazón.
https://iem.gal/o-iem/agosto-2021-e-se-ainda-seguimos-aqui/
Seguimos aquí!
Renovables si, pero non así!