Xeira Alén Miñor XXV “Bisbarra do Deza”
XEIRA ALEN MIÑOR XXV
BISBARRA DO DEZA
Concellos de Lalín, Silleda e Vila de Cruces
Itinerario aproximado
Sábado, 9 de outubro
Percorrido pola vila de Lalín, museo Aller, exposición Laxeiro, Castrodeza, monumento a Loriga e quilómetro cero de Galicia.
Visita pazo Liñares, Museo Títeres, aviador Loriga…
Xantar en Merza, Vila de Cruces
Visita santuario do Corpiño e igrexa románica de Losón.
Hotel en Silleda
Domingo, 10 outubro
Visita a parroquia de Abades (Silleda): Santuario dos Desamparados, igrexa románica, cruceiro e mámoa da Chousa Nova .
Visita as igrexas de Ansemil e Breixa.
Xantar no O Corpiño (Lalín)
Visita a Illas de Gres, Ponte Ledesma, museo fundación Neira Vilas e o mosteiro de Camanzo (Vila de Cruces).
Hotel en Silleda
Luns, 11 de outubro
Visita a Zobra: alvarizas, mel, minas da Trigueira
Visita a Doade: museo etnográfico Casa do Patrón en Codeseda, castro de Doade, mámoas do Santo da Pedra
Xantar en Lalín
Visita as mámoas de Alperiz (Lalín), ponte medieval dos Cabalos e petróglifos de Gurgueiro (Agolada).
CARACTERÍSTICAS DA XEIRA
SAÍDA DO AUTOCAR: Sábado 9 de outubro as 8:00h, desde a explanada do pavillón de deportes de Gondomar.
CHEGADA: Lúns 11 as 9:30h, aproximadamente, ó mesmo lugar de partida.
Para anotarse á Xeira haberá que chamar ao IEM ós teléfonos 986 36 05 75 /627 27 68 16, de luns a venres de 18.00 a 21.00, ou escribir un correo electrónico a oficina@iem.gal.
Prazas mínimas :35
Prazas máximas: 50
Aberto o prazo de inscrición até un total de 50 prazas. Non se reserva praza até que estea aboada a xeira.As baixas que se realicen con menos de 48 horas antes do comezo da xeira non se lles aboará o importe da mesma.
- PREZO SOCIOS/AS: 185,00 euros.
• PREZO NON SOCIOS/AS: 200,00 euros.
*Incremento de 35,00€ por habitación individual.
- Nº DE CONTA IEM: ES95 2080 5035 0730 4001 4164
O prezo inclúe a viaxe en autobús, almorzo do domingo e luns, xantar do sábado, domingo e luns, seguro, as visitas e guías.
Poderase modificar ou ampliar os itinerarios en función do tempo dispoñible.
Cando se faga a inscrición enviar o certificado de vacinación da covid-19
- Tomarase a temperatura corporal a tódolos viaxeiros cada día antes de subir ó autobús pola mañá. Se alguén ten febre non poderá subir ó autobús.
- É de obrigado cumprimento levar máscara no interior do autobús e lugares de visita.