Premiados “I Premio de Investigación Val de Miñor”
A Mancomunidade de Concellos do Val de Miñor fixo entrega do I premio de investigación “Val de Miñor”, convocada en colaboración co Instituto de Estudos Miñoráns, e que ten como obxetivo recoñecer o labor investigador realizado no ámbito territorial no Val de Miñor e ao mesmo tempo contribuir ao fomento das vocacións invetigadoras nos estudantes do ensino secundario e universitario.
Resultou gañador Xosé Luís Mosquera Veleiro, veciño de Gondomar, pola súa obra “O Val de Miñor durante a segunda república (1931-1936)”
Ademáis o xurado concedeu un accesit a Elena Crespo Fernández, veciña de Gondomar, polo seu traballo “A represión franquista en Gondomar”.
A dotación do primeiro premio é de 3.000€, e a súa publicación para a obra gañadora con Editorial Galaxia. E para o acesit dotouse con 1.000€ e a publicación dun resumo na revista de estudos Miñoráns REM.
No acto tamén se anunciou a convocatoria da segunda edición, na que se animará aos mozos investigadores dos cursos de bacherelato e ciclos formativos dos institutos, aos da universidade e a outros investigadores que teñan entre as súas investigación traballos centrados na nosa comarca.