Parque eólico MERENDÓN(Oia e O Rosal)
Guía de presentación de alegacións ó parque eólico MERENDÓN
Precisamos da túa axuda para mostrar o rexeitamento social contra o parque eólico MERENDÓN na Serra da Groba
(Publicado no DOG do 23 de decembro de 2021)
Date présa, faino antes do 14 de xaneiro, data na que que remata o prazo.
Como cubrir a alegación:
1º Descarga o documento de alegación dende esta ligazón (en formato pdf ou doc).
2º Cubre os teus datos e asina polo reverso incluíndo a data.
Como enviar a alegación:
Existen varias formas de facelo:
1. Dixitalmente a través da Sede Electrónica
(sempre que teñas certificado dixital ou chave 365)
- Entra en https://sede.xunta.gal pincha en “A miña sede” para identificarte.
- Entra en “trámites” escolle “solicitude xenérica” e segue o procedemento.
Asegúrate de enviala á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.
2. A través da oficina de Correos ben por correo administrativo ou por correo certificado.
Envíaa a este enderezo:
DX de Planificación Enerxética e Recursos Naturais. Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.
San Caetano s/n, 15781, Santiago de Compostela
3. A través dos portelos únicos dos concellos ou rexistros da administración autonómica.
– Pode suceder que nalgún caso pretendan limitar a 10 o número de follas de alegacións que cada persoa pode presentar diariamente.
– Podería suceder tamén, é pouco frecuente pero real, que nun exceso de celo na aplicación da norma o funcionario/-a do rexistro solicite o DNI da persoa asinante e mesmo autorización expresa a favor da persoa que fisicamente fai a entrega.
– Estas dúas situacións parecen responder ao intento do funcionario/-a de dificultar ou mesmo impedir a normal participación da cidadanía no procedemento administrativo.
– Para resolver este tipo de situacións e para axilitar os trámites facilitando a labor das persoas funcionarias recomendamos agrupar as follas de alegacións en paquetes de 10 que serían consideradas “documentos adxuntos” á solicitude única asinada pola mesma persoa que fai a entrega. Esta “solicitude única” contén unha única alegación que recolle, nunha relación ordeada, aqueles 10 “documentos adxuntos”.
Cada un dos “adxuntos” deberá levar rotulado o mesmo número que figura na relación ordeada da “alegación única”.
Deste xeito non é preciso identificar a cada unha das persoas asinantes dos “documentos adxuntos” nin tampouco contar con autorización expresa.
Cada unha destas “alegacións únicas” recollería entón 400 alegacións .
E, respectando a limitación de 10 follas de alegacións diarias, serían 400×10= 4.000 alegacións!
Tes varias opcións:
4. Podémoscha entregar nós.
– Se tes moitas alegacións e queres aforrarte o franqueo en Correos, méteas nun sobre e fainolas chegar a:
· Instituto de Estudos Miñoráns Apartado de Correos 30, 36380, Gondomar
– Podes entregalas en man nos seguintes locais:
- Instituto de Estudos Miñoráns (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar) (Se está pechado, meteas por debaixo da porta)
- COPISTERÍA DUPLICOLOR (A Ramallosa, Nigrán)
- CIBERZULO (Rúa Cantábrico, Nigrán)
- FARMACIA VIVES HERMIDA (Praia América, Nigrán)
- Herbolario “Madre Tierra” en Gondomar
- “Asante Sana” en Nigrán
- “Horta Fresca Tenda Ecolóxica” na Ramallosa
- Bar Puente (Loureza)
- Bar Salinas (Torroña)
- AUTOMAR Baiona (Av. Monterreal, 7, Baiona)
- Casa Cultural Oia
- Fuscalho
- As Pozas
- Centro Goianés
- Tenda de complementos Arietnas
- Ferretería a Roda (Raquel)
- Mercado do Rosal
- Perruqueria Ignacio (Manolo)
- Lacena
- Arietnas (A Guarda)
- CS Fuscalho (A Guarda)
- Lacena (A Guarda)
- Agrominho (O Rosal)
- As Pozas (A Guarda)
- Centro Cultural de Oia
- Ferretería A Roda (Tomiño)
- Centro Goianés
- Perruquería Ignacio ( O Rosal)
- Mercería Cómplices (O Rosal)
- Bar Puente (Loureza)
- Bar Rocha (Burgueira)
- Bar Salinas (Torroña)