
PEDRO RODRÍGUEZ VILLAR E TEATRO DO AR NA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS DO IEM
PEDRO RODRÍGUEZ VILLAR E TEATRO DO AR NA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS DO IEM
Hoxe, xoves 16, ás 20.00h no local do IEM pecharase a rolda de actos coa intervención do grupo de teatro miñorán, Teatro do Ar, que fará unha lectura conxunta de O amor das pedras, libro gañador do Premio Nortear 2022, do que é autor o xornalista, dramaturgo e escritor Pedro Rodríguez Villar, de Panxón, tamén gañador de múltiples premios de poesía e narrativa e que está a piques de publicar unha nova novela con Xerais.


