
ELBA PEDROSA NA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS DO IEM
ELBA PEDROSA NA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS DO IEM
Hoxe, mércores 15, ás 20.00h no local do IEM a xornalista, escritora, presentadora e actriz miñorá, Elba Pedrosa, presentará o seu último poemario DES A MAR ultrasónico. Elba Pedrosa, Santa Cruz de Tenerife, 1973, é tamén autora de O que non sabías, Xerais (2020), Agora que cala a noite, Aira (2023) e o mencionado poemario DES A MAR ultrasónico, Embora (2024) que representa este ano acompañada dos músicos Álvaro Iglesias e Xosé Liz. Neste caso estará acompañada do tamén escritor miñorán, Fran Fernández Davila, en representación do Grupo PUGA de Promoción do Uso do Galego do IEM.


