XINA VEGA NA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS DO IEM
XINA VEGA NA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS DO IEM
Hoxe, martes 14, ás 20.00h no local do IEM será a quenda da Doutora en Filoloxía, tradutora e escritora viguesa Xina Vega, que, baixo o título “E eu mesma me vin mirar-me a min que me miraba”. Luisa Villalta ou a extrema autoconciencia, ofrecerá unha charla arredor da figura homenaxeada nas letras galegas 2024, así como unha lectura de textos da súa última obra publicada: “Do teu perfil na miña sombra” (Galaxia, 2024). No evento, Vega será acompañada por Antonio Araújo.
Hoxe, martes 14 de maio
Aula de Cultura “Ponte de Rosas”, Avda. da Feira, 10.
20:00h