Xeira Alén Miñor IEM. A Barbanza (2º PARTE) 05-06-07 Outubro 2024
PRAZAS ESGOTADAS
XEIRA ALEN MIÑOR IEM
A BARBANZA (2º PARTE) 5-6-7 Outubro 2024
- Concellos de Noia, Lousame e Muros.Como noutras ocasións, alternaremos diferentes locacións e temáticas.Haberá moita paisaxe costeira mesturada con elementos etnográficos e arqueolóxicos.Faremos un par de paseos (alternativa para os que non queiran camiñar) recompoñedores de corpo e espírito por bosque mixto de frondosas e por atalaias costeiras de esplendorosas vistas.Visitaremos unha vella papeleira de máis de dous seculos e medio, a fraga e fervenza do mosteiro de San Xusto de Toxosoutos, canastros de moito cumprimento, a vila medieval de Noia e a vila mariñeira de Muros, o Pico Muralla e falaránnos dos senlleiros sombreiros sancosmeiros.
Coma sempre, non desbotedes algunha visita non prevista en función do tempo.
CARACTERÍSTICAS DA XEIRA
- Para anotarse á xeira contactar por WhatsApp ó 627 276816
- Prazas mínimas: 38
- Aberto o prazo de inscrición até un total de 50 prazas. Non se reserva praza ate que estea aboada a xeira.
- As baixas que se realicen con menos de 48 horas antes do comezo da xeira non se lles aboará o importe da mesma.
- PREZO SOCIOS/AS: 185 euros.
- PREZO NON SOCIOS/AS: 199 euros.
- + 25 euros habitación individual
- Interesados /as consultar prezos habitación tripla
- Nº DE CONTA IEM: ES95 2080 5035 0730 4001 4164
- O prezo inclúe autobús, hotel sábado noite, domingo noite e almorzo do domingo e lúns, xantar sábado, domingo e lúns, visitas e guías.