
XEIRA ALEN MIÑOR IEM XXXV. Terras de Celanova. 5 e 6 de abril.
XEIRA ALEN MIÑOR IEM XXXV
Terras de Celanova. 5 e 6 de abril.
Benqueridas e benqueridos. Estamos de volta coas xeiras Alén de Miñor. A primeira proposta do ano lévaríanos a Terras de Celanova. O 5 e 6 de abril.
O primeiro día disfrutaremos das luces, as cores e os arrecendos de primavera pola vila, aldeas e lugares senlleiros.
Falaránnos da historia, escritores e figuras ilustres de Celanova e a súa bisbarra, de Galicia, do mundo…
Arquitectura vernácula, relixiosa e civil, como o conxunto de hórreos máis grande da península. Un pequeno concerto agárdanos,entre outras cousas, na vila de Celanova. Dormiremos en Ourense. E alguna que outra sorpresa…
O segundo día adicaríamolo a natureza e a etnografía. Ponte romana (das poucas que quedan en Galicia), adegas centenarias, falarannos do entroido tradicional “As bonitas de Sande”, torres medievais e camiñata por bosques de frondosas preto de cursos fluviais. Tamén degustaremos productos típicos da contorna.
- Para anotarse á xeira contactar por WhatsApp ó 627 276816
- Prezos socios: 148 euros
- Prezos non socios: 158 euros
- Habitación individual: + 22 euros
- Aberto o prazo de inscrición. Non se reserva praza ate que estea aboada a xeira.
- O prezo inclúe: Guías, entradas, seguro, autobús, dúas comidas, hotel e almorzo do domingo.
- Grupo mínimo de 40 persoas
- Nº DE CONTA IEM: ES95 2080 5035 0730 4001 4164