
Convocatoria Elección Nova Xunta Directiva IEM
Convocatoria asemblea IEM 2025
Convocatoria para a Elección da Nova Xunta Directiva do IEM:
De conformidade co disposto nos seus estatutos, convócase a todas as persoas asociadas ao IEM á elección dos cargos da Nova Xunta Directiva.
O acto de votación levarase a cabo o vindeiro 13 de marzo, xoves, as 20:00h na “Aula de cultura Ponte de Rosas” sede do IEM, na Avda. da Feira, 10-Baixo. 36380 Gondomar.
Os cargos a elixir son os seguintes:
Director/a
Vicedirector/a
Secretario/a
Tesoureiro/a
Vogais
Para poder ser candidato/a a calquera dos cargos mencionados, deberase cumprir cos requisitos establecidos nos estatutos do IEM e presentar a candidatura no prazo de 15 días dende o día da convocatoria.
É importante lembrar que o voto é persoal e indelegable, e que unicamente poderán votar aquelas persoas que se encontren ao corrente das súas obrigas coa asociación.