Para honrar a memoria da nosa poeta nacional neste ano no que se cumpre o sesquicentenario dun fito tan importante para a nosa cultura como é a publicación do seu primeiro poemario en galego, o Instituo de Estudos Miñoranos organiza unha fin de semana de homenaxe a Rosalía de Castro, que consta de dúas actividades literarias:
O vindeiro sábado 19 de outubro a partir das 13:30h, no marco das homenaxes do IEM a Rosalía de Castro, celebraremos un “Xantar Rosaliano” no Pazo da Escola de Mañufe. O encontro terá como anfitrión o historiador Xavier Castro, que abrirá o acto cunha conferencia sobre a gastronomía na obra de Rosalía e, ao longo da comida, exporá anécdotas e informacións sobre os distintos pratos.
Este 13ª ciclo consecutivo dará comezo o próximo venres 11 de outubro. Como é costume os faladoiros terán lugar preferentemente o primeiro venres de cada mes, dende outubro a maio, e comezarán ás 20:30h. Terán lugar na sede do Instituto de Estudos Miñoranos, sita na Aula de Cultura “Ponte de Rosas” (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar).
Por terceiro ano a Universidad Internacional Ménendez Pelayo (UIMP) en colaboración co Instituto de Estudos Miñoranos organiza un curso de verán en Gondomar. Nesta ocasión propómonos reflexionar sobre a sustentabilidade, a xestión e a multiplicidade de funcións dos nosos montes.
– Mércores 7. Xeira “Noite de Estrelas e Lobos”. Punto de encontro no Chan da Lagoa ás 21 horas. Guías: Xilberte Manso de la Torre, Pablo Alemparte e Xosé Lois Vilar.
-Venres 9. Xeira “Petroglifos do Monte Tetón”. Punto de encontro na Casa do Concello de Tomiño ás 22:30 horas. Guía: Xosé Lois Vilar
Sen caer na creación de novas estruturas burocráticas, pero coa propia administración de xustiza como alicerce, nomeadamente o Consello de Contas, o fiscal Carlos Varela propón a creación dun proxecto para combater a “corrupción sistémica” a través de planes de prevención nas administracións públicas, a revisión dos instrumentos xudiciais que enlentecen os procesos e a formación cidadá. Esta última, como peza clave para desterrar estas prácticas na vida social.