O IEM PRESENTARÁ DOUS ACTOS ESTA SEMANA
O IEM PRESENTARÁ DOUS ACTOS ESTA SEMANA: O XOVES 11 LOS MÁRGENES: LA ESENCIA DE LA EDUCACIÓN E VENRES 12 “JOAQUÍN VAAMONDE CORNIDE”.
En primeiro lugar, este xoves 11 de abril ás 20h no local do IEM teremos a José Enrique Abalo Quintela que presentará o seu libro “Los márgenes: la esencia de la educación”. O Acto será presentado por Eladio Ferro.
O libro, na súa primeira parte, é unha reflexión sobre o papel de control que exercen sobre os centros educativos os gobernos de turno, o mercado, os corpos docentes e outros poderes menos visibles. O que está a provocar que en lugar de buscar, como gran obxectivo das escolas, a formación dun alumnado libre e crítico, se configuren como persoas submisas e neutras.
Ao longo do texto analízanse os factores dos que dependen as opcións anteriores, e desentráñanse os finos fíos que vinculan os centros educativos aos intereses económicos e políticos que os xestionan.
No ensaio, cun estilo claro e directo, proponse unha “deconstrución” da escola, analizando aspectos como certas crenzas presentes nos patróns de pensamento do profesorado ou o nivel de autonomía das comunidades escolares para decidir o para que? e o que ensinar?
Así mesmo, na segunda parte do libro propóñense diferentes posibilidades para afastarse das políticas partidarias e de mercado que restrinxen a escola; e sinálanse unha variedade de transformacións que os centros escolares deben poñer en funcionamente para responden á pregunta:
Que cambios son necesarios para que os centros educativos sexan controlados por quen vive neles?
E, para rematar a semana, o venres 12 de abril ás 20h teremos a Perfecto Ramos no local do IEM na presentación do seu libro “Joaquín Vaamonde Cornide. Un pintor galego con éxitointernacional a finais do século XIX”. O acto será presentado por Carlos Méixome.